Estas últimas semanas algúns alumnos do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso andiveron moi ocupados. Como algúns xa sabedes estivemos gravando un documental con unha productora da TvG sobre a vida de duas familias da montaña, a pobre e a rica.
Olvidáronse por uns días da televisión, o teléfono móbil ou as consolas para vivir durante uns días como calquer neno galego dos anos 50s. Comprobaron nas súas propias carnes o dura que é a vida dos actrices e actores das películas pero ademáis verificaron que a vida nos campos sen as comodidasdes do século XXI era dura pero á vez moi gratificantes.
Non tiveron tempo de aburrirse xa que xogaron todos xuntos, fixeron os seus propios xoguetes e disfrutaon da natureza os traballos no campo e a boa alimentación da que gozaban os nosos antepasados.
Unha ollada ao pasado que de seguro vos vai a facer pasar un bo rato. Polo de agora, mentres non teñamos ainda o documental rematado podedes ver os enlaces con fotos de algunhas das entrevistas que lles fixeron aos rapaces e á directora María Lamelas de como foi toda a experiencia. Seguiremos informando!
O seguinte enlace pertence a entrevista de NIUS Diario:
https://www.niusdiario.es/sociedad/educacion/cinco-dias-viviendo-abuelos-escolares-aldea-ourense_18_2904570064.html
El gallo que no cesa. Un programa de radio da tve que se enteresou no traballo do documental:
https://www.rtve.es/m/alacarta/audios/el-gallo-que-no-cesa/gallo-no-cesa-volver-vida-nuestros-bisabuelos/5522412/?fbclid=IwAR1yPfb7iUCDh9vw6x7SB8zaJgvr1b6bDKiXLWiDcxucm4pq-TRfGvDGMVg
Tamén os Suseia falan de nos na sua páxina de Facebook!
https://www.facebook.com/SuseiaCoop/?__tn__=kC-R&eid=ARCeSIajY3ZeaweIhOxumIkv9_CiYVw8Skw5o5z4J6uMvl-hJz013b9hml8vcsySOPSp_txcaTawGa53&hc_ref=ARR23zb7bDsljsdto9-EBxXRKBQJteAn6e01lERGY3Lt6sqfn_JmNV020jKiJQlt2QQ&fref=nf&__xts__[0]=68.ARA6-xAxcxXeMp2PZ6TQtaos00CvdOgkFgrRUHx_dUZ2qUsZDZq_10y3rFcCh3Smd6Lfo89SSpzRmFT2pADvE7c3182rR1DsPKnHK_r1r5SewunHJr-A6_nbsSKY7I0FoPSolA2czqsa0KDiMY4GJ_Qw3dUF64P35GANwTpPkMWBbqXFM21-YGHF2eG8nV-VpvhxCCevO1lthnYauRxXHnMSpMmG1MKZaenbHpGYL6mujPi9mjb4-Wdm__emNr59qW9LkI7rWza7Rhft62_QTOvqxTNq2cp28Ck-CtElCesiw4rQrgJBNJSJlQiNl5fiFBvr3jWtuatKaSVsTA4A9Zc
Os do Sil Info tamén escribiron unha pequena reseña!
https://www.osil.info/unha-viaxe-no-tempo-no-ceip-manuel-bermudez-couso-da-p-de-trives/
No hay comentarios:
Publicar un comentario