martes, 3 de marzo de 2020

Estamos de volta!!

Nestas últimas semanas estivemos bastante atareados argallando algunhas sorpresiñas que vos iremos contando en breve. Mentres preséntovos o xornal que fixeron os alumnos de 5º do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso para o concurso anual do xornal escolar "La Región". Un traballo moi interesante no que os rapaces tiveron a oportunidade de facer entrevistas a mulleres da música galega a través de diferentes canles como a videochamada, o whatsApp ou Skype. Está refelexado nas seguintes fotos e en breve colagaremos como foron as entrevistas. Ídevos facendo unha idea do ben que traballaron!

Si o queredes ler ben achegádevos ao centro xa que está exposto na entrada ou estade atendo os mércores no xornal "La Región" porque nas vindeiras semanas sairá publicado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario