Últimamente non paramos!! Y é que estes rapaces do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso traballan arreo! Esta última entrada vai da celebración do Samaín. A Buruxa das montañas preparoulles aos rapaces do cole unha actividade na que tiñas que procurar 5 tesouros escalofriantes por todo o recinto escolar. Para atopalos tuveron que ler libros, descifrar adiviñas, pronunciar conxuros e atopar cofres agochados nos sitios menos esperados. Foi unha xornada moi divertida e terrorífica e neste vídeo podedes ver unha mostra do que fixeron. Ata a próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario