jueves, 7 de noviembre de 2019

Día das bibliotecas

Xa estamos aquí con unha nova e interesante entrada no blog máis molón de Trives!!

O outro día celebramos o día das bibliotecas no Colexio da Poboa de Trives. Xuntámonos un ratiño no ximnasio e na Gomera(zona cuberta para que xoguen os máis cativos cando chove). O rol consistiu en que os máis maiores leíanlle libros aos máis pequenos. Algunhas mestras tamén leron libros aos rapaces e ao final resultou unha xornada de convivencia entre tódolos rapaces da escola. 

Moitos pequenos aprenderon a ler cos compañeiros de cursos máis altos, os de infantil marabilláronse coas historias escondidas nos libros e así coñeceron que a biblioteca é un lugar fantástico para pasar un bo rato no recreo.

 De ese día quédanos o recordo e o sentimento de ter pasado unha hora de compañeirismo e convivencia e máis este video. Espero que vos guste!! Ata a próxima!!






A canción é do gran Paco Nogueiras e titúlase Nun Libro. Bravo por él!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario