Mostrando entradas con la etiqueta DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de mayo de 2020

OS MAIOS

As nenas e nenos de 4 anos festexaron os maios con coplas e flores.

QUE ARTISTAS. 

Que maios mais bonitos fixeron para recibir a primavera.


LETRAS GALEGAS 2020


Os nenos e nenas de infantil festexaron o dia das letras galegas   traballando sobre o conto AS PITAS BAIXO A CHOIVA de RICARDO CARVAHO CALERO

Fixeron uns debuxos ben bonitos



sábado, 2 de mayo de 2020

LETRASGALEGA2020# RICARDOCARVALHOCALEIRO#QUEDANACASA#TODOSAIRÁBEN#


A crise do coronavirus obiga a aplazar a celebración das Letras Galegas.
A Real academia Galega dicidiu pospoñer a celebración do Día das Letras Galegas para despois do verán.
Será no mes de OUTUBRO
 cando se leven a cabo os actos para homenaxear ao escritor ferrolán RICARDO CARVALHO CALERO




VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALEIRO 
5º. COLEXIO SAN PÍO X  DE OURENSE






TELEXORNAL CARVALHO CALERO. CPI DO DICES




NA ENLACE QUE SE AMOSA A CONTINUACION HAY MATERIAL IMPRIMIBLE  E TAREFAS EN LINEA PARA TRABALLAR CONTIDOS DO AUTOR









A  CONTINUACION PRESENTAMOS UN ESCAPE ROOM QUE ELABORARON DUAS MESTRAS. GRAZAS POR COMPARTIR. 

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR068vfMjIdKCldfRnw-0bad4F6Vz3u17hh3SEDkH8Wo_3vmWSGVxP





miércoles, 20 de marzo de 2019

POEMA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de Educación Infantil recitan o poema de "Adiós Ríos ,Adiós Fontes "de Rosalía de Castro

martes, 10 de julio de 2018

Mencións honoríficas de innovación educativa polos proxectos

Este ano acabamos unha mención honorífica pola presentación do proxecto de Raiolas de luz e de Viaxar polo mundo coa creación de audiovisuais (técnicas de croma e stop motion) de innovación educativa convocado por Escolástica viva e UGT.


Recollida da mención honorífica

E tamén queremos lembrar que fai un par de anos acadamos outra mención honorífica pola presentación do proxecto O fomento da convivencia a través dun film: A mosenda. 



lunes, 18 de junio de 2018

Un mundo de teas: proxecto documental integrado sobre a orixe das teas.

Proxecto Documental Integrado que se centrou no descubrimento da orixe dalgunhas teas. Este pretendeu achegar ó alumnado ó coñecemento de distintas materias primas e o proceso e tratamento que seguen para converterse finalmente en teas. A técnica do audiovisual creado polo alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso é a de stop motion.






Salientar que estes dous audiovisuais están interrelacionados con parte do proxecto das teas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega co proxecto de viaxar a diferentes lugares do mundo do Equipo da Biblioteca escolar e co proxecto de creación de audiovisuais coa técnica de croma e stop motion do Equipo do PFPP.  








domingo, 29 de abril de 2018

Cun pouquiño de retraso pero aquí amosamos a nosa viaxe de entroido polas marabillas do mundo

Este entroido foi moi especial porque descubrimos outras culturas e puidemos coñecer as súas vestimentas e algunhas das marabillas do mundo máis importantes. E por suposto tivemos unha convivencia co gran equipo de profesorado e alumnado que conforman o CEIP Eduardo Ávila Bustillo (A Veiga).


lunes, 5 de febrero de 2018

Convivencia intercentros: aprendendo cos teares no colexio de A Veiga

O xoves pasado foi un día importante no cal fomos quen de aprender cos teares, a calceta, o ganchillo,.. como se poden crear prendas de roupa, complementos,.. utilizando liño, lá natural,... 
Tamén tivemos a oportunidade de ser deseñadores/as de moda creando os nosos propios bocetos de prendas de vestir e incluso aprendemos a reciclar material de refugallo dándolle un novo uso e texendo coas propias mans. Xunto con todo isto tamén xogamos a xogos interxeracionais como á billarda e ós birlos. E todo grazas ó equipo de profesorado, familias, alumnado e persoas voluntarias que participaron activamente na creación e desenvolvemento destes obradoiros por parte do C.E.I.P. Eduardo Ávila Bustillo en A Veiga, facendo unha especial mención do profesor Jorge de Educación Física que tivemos con nós o ano pasado. Grazas por esta convivencia intercentros! Esperamos repetir!

 






martes, 30 de enero de 2018

As teas en Perú e Marrocos







Salientar que este audiovisual está interrelacionado con parte do proxecto das teas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega co proxecto de viaxar a diferentes lugares do mundo do Equipo da Biblioteca escolar e co proxecto de creación de audiovisuais coa técnica de croma e stop motion do Equipo do PFPP.  









martes, 7 de noviembre de 2017

lunes, 9 de octubre de 2017

Raiolas de luz

Documental sobre a vida antaño dalgúns dos nosos avós e avoas. Nel vese como era a escola, os xogos, os oficios, as festas,... Trátase de descubrir anacos da historia a través dos nosos maiores.  

A Mosenda

Filme sobre a vida e traballo dun pastor da zona, que actualmente segue a manter este oficio na serra de Cabeza de Manzaneda; concretamente na Mosenda.

A nena e a penela

Curtametraxe sobre a infancia dunha nena no rural. Nel reflíctese o día a día da vida dunha nena que vivíu nun pobo que hoxe está abandoado. Trátase de dar a coñecer unha realidade existente do pasado.