Mostrando entradas con la etiqueta CONVIVENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONVIVENCIA. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de julio de 2018

Formas de traballar o coñecemento das emocións e sentimentos

Un exemplo claro de como se veu traballando dende Orientación educativa co libro do "Emocionario" tanto no CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso como no CEIP de Manzaneda durante este tempo atrás son os que seguen. Porque consideramos de vital importancia o coñecemento e achegamento ó significado das emocións e sentimentos ante as diferentes situacións da vida para que o alumnado sexa quen de ter habilidades socioemocionais.







Lecturas sobre as emocións e os sentimentos

Nalgunhas clases estivemos a comprender o significado dalgunhas emocións e sentimientos grazas á lectura de libros como o "Emocionario" ou o "Laberinto del alma".




Idea para mellorar o clima de clase

Porque o clima de clase comeza mellorando polo cambio no comportamento dun/ha mesmo/a. Neste audiovisual aparecen algunhas ideas do alumnado para que esto aconteza.

lunes, 23 de octubre de 2017

Recunchos de diálogo e resolución pacífica de conflitos

Como sabedes ás veces o alumnado pode presentar dificultades nas relacións sociais. Por iso e atendendo ó plan de convivencia e coa axuda de Orientación educativa nunha das aulas do centro educativo creouse un espazo para o diálogo e resolución pacífica de conflitos. Esta medida consta en dito documento como correctiva sendo posible desenvolvela a petición do profesorado e tras a análise directa da situación.