FONDO LIBROS
No DOG do 21 de maio
de 2018 publicase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a
participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan
axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao
alumnado matriculado en educación Primaria,educación secundaria
obrigatoria e educación especial en cenros docentes sostidos con
fondos públicos para o curso escolar 2018/19.
En convocatorias
anteriores a solicitude podíase presentar presencialamente no centro
ou en calquera rexistro oficialmente establecido.
Na convocatoria
actual poderase,ademais, realizar a solicitude accedendo á
aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os
datos deberán gardala, obtendo así un número de solicitude, e,
posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
Presentación no
centro. Neste caso imprimirán a solicitude e o anexoII e
presentarannos no centro(debidamente asinados), xunto coa
documentación(A solicitude xa terá un número asinado pola
aplicación e poderá recuperala)
Presentación na
Sede Electrónica da Xunta de Galicia.Neste suposto o centro recibirá
un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten
solicitudes presentadas por esta vía.
portal da xuntafondo libros
No hay comentarios:
Publicar un comentario