lunes, 5 de febrero de 2018

Convivencia intercentros: aprendendo cos teares no colexio de A Veiga

O xoves pasado foi un día importante no cal fomos quen de aprender cos teares, a calceta, o ganchillo,.. como se poden crear prendas de roupa, complementos,.. utilizando liño, lá natural,... 
Tamén tivemos a oportunidade de ser deseñadores/as de moda creando os nosos propios bocetos de prendas de vestir e incluso aprendemos a reciclar material de refugallo dándolle un novo uso e texendo coas propias mans. Xunto con todo isto tamén xogamos a xogos interxeracionais como á billarda e ós birlos. E todo grazas ó equipo de profesorado, familias, alumnado e persoas voluntarias que participaron activamente na creación e desenvolvemento destes obradoiros por parte do C.E.I.P. Eduardo Ávila Bustillo en A Veiga, facendo unha especial mención do profesor Jorge de Educación Física que tivemos con nós o ano pasado. Grazas por esta convivencia intercentros! Esperamos repetir!

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario