viernes, 3 de febrero de 2017

RESERVA E ADMISIÓN DO ALUMNADO

Calendario de admisión e matrícula Reserva de praza no centro de adscrición: 1-15 de febreiro. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe o seguinte formulario Anexo I para descargar. Tamén se pode presentar o formulario a través da aplicación "admisionalumnado" cumplimentando o mesmo anexo. Publicación das vacantes por curso. 28 de febreiro. Solicitudes de admisión: 1-20 de marzo. O alumnado que desexe cursar estudos no centro para o curso 2017-18 e non esté matriculado no presente curso en centros adscritos deberá presentar no centro elixido como primeira opción o anexo II da orde de admisión ou ben a través da aplicación "admisionalumnado". Anexo II para descargar. A partir do 21 de marzo a escolarización é extraordinaria polo que as instancias serán remitidas á comisión de escolarización da xefatura territorial. Presentación da documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo: 24 de marzo-4 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 24 de abril. As reclamación a estos listaxes provisionais vai dende o día 24 ata o 29 de abril. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio. Prazo ordinario de matrícula ESO e BACHARELATO: 25 de xuño-10 de xullo. Prazo extraordinario de matrícula ESO e BACHARELATO: 1-10 de setembro. NOTAS IMPORTANTES: o alumnado e as familias que utilicen a aplicación para cumprimentar o proceso poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" utilizando o código de solicitude o o número de DNI da persoa solicitante. Nota informativa Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; en caso contrario, perderanse os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. Centros adscritos O IES Xermán Ancochea Quevedo ten adscritos os seguintes centros educativos para as ensinanzas de ESO e Bacharelato. CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives. CEIP de Manzaneda. CPI Virxe dos Remedios (adscrito para bacharelato). Servizos complementarios Transporte escolar: ESO: gratuíto. BACHARELATO: gratuíto previa solicitude á dirección do centro e autorización por parte da xefatura territorial de educación, dentro dos itinerarios establecidos para o ensino obrigatorio. Comedor escolar (só os luns). Normativa reguladora Para o proceso de admisión LEI ORGÁNICA 8/1985, DO 3 DE XULLO, REGULADORA DO DEREITO Á EDUCACIÓN. (BOE 4 de julio de 1985) LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (BOE 4 de maio de 2006). LEI ORGÁNICA 8/2013, de 9 de diciembre, para a mellora da calidade educativa. Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urxentes para la ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para a mellora da calidade educativa. DECRETO 229/2011, DO 7 DE SETEMBRO, QUE REGULA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA NOS CALES SE IMPARTEN ENSINANZAS ESTABLECIDAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN (DOG 21 de decembro de 2011). DECRETO 254/2012, DO 13 DE DECEMBRO, POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS DE SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (DOG 26 de decembro de 2012). ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (DOG 15 de marzo de 2013). ORDEN DO 25 DE XANEIRO DE 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación. Para os servizos complementarios Decreto 203/1986, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do transporte escolar. Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. DECRETO 132/2013, de 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario