viernes, 31 de mayo de 2013

VISITA DO 2º CICLO A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O xoves 30 de maio o alumnado do 2º ciclo fixemos a excursión de fin de curso a Santiago de Compostela, acompañados dos mestres Jose Antonio, Loli e Jorge.
 A saída foi ás 8 da mañá, e fomos en autobús ata Ourense onde collimos un tren de alta velocidade e Jose Antonio explicounos unhas técnicas para ir en tren moi interesantes.



Ao chegar a Santiago, en menos de 40 minutos, vimos a Cidade da Cultura ao lonxe, e tamén pasamos polo Parlamento de Galicia, onde paramos nun parque para xogar e tomar un almorzo, antes de poñernos en ruta.


Logo andivemos un pouco ata chegar ao CGAC o Centro Galego de Arte Contemporáneo, alí había exposicións de diversos tipos, pero todas moi interactivas, e interesantes.



Xusto ao lado do CGAC estaba o museo do Pobo Galego, onde fixemos unha visita moi divertida e instructiva, visitamos o Panteón de Galegos Ilustres, estaban os restos de Castelao, Rosalia,...
Tamén vimos varias sás adicadas a diferentes aspectos culturais da tradición galega, nas construcións botamos de menos un curro dos que temos no cole, e ao saír ofrecémoslle donarlle un.




Ao rematar no museo, baixamos a coller un autobús cara a Cidade da Cultura



Na Cidade da Cultura, recibiunos Rafa, o noso guía que nos fixo un percorrido polos diversos espazos existentes, As torres Hejduk, a biblioteca,unha exposición de Ramón Conde ...neste gran proxecto de Peter Eisenman.



Despois da visita, quedamos moi cansos polo que fomos a comer ao centro comercial As Cancelas, a un resturante buffet, onde comimos de todo e bebimos sen parar, menos mal que logo fixemos bo uso dun gran parque de bolas para baixar a comida.



Pola tarde baixamos de novo en autobús ata a zona vella compostelá onde vimos espectáculos ao aire libre e sobre todo as súas famosas rúas, soportais,...ata chegar á praza do Obradoiro e ver o hostal dos Reis Católicos, o reitorado, o Pazo de Raxoi e, por suposto, a Catedral. Alí os mestres explicáronos algunhas curiosidades sobre a mesma, a historia do apóstolo, as tradicións, non poidemos facer o do santo dos croques, xa que estaban restaurando o Pórtico da Gloria, pero si que lle demos unha aperta ao apóstolo e vimos os seus restos.


Ao sair vimos as diferentes fachadas da catedral, a Azabacharía, as Platerías, e tamén vimos a praza da Quintana, dos vivos e mortos e a torre da Berenguela, e a porta Santa, que estaba pechada porque non era ano xubilar, claro!



Ao rematar, baixamos ata a estación do tren e vimos outro espectáculo con tambores na praza do Toural.



Chegamos a estación e á hora prevista chegou o tren Avant, no vagón cada un ensinaban os agasallos que mercamos en Santiago, e ata tivemos un incidente, a perda dunha bolsa de agasallos na estación, pero foi unha pequena mágoa nun día marabilloso.





No hay comentarios:

Publicar un comentario