jueves, 2 de junio de 2011

Excursión a Ponferrada

@s nen@s de 1º, 2º e 3º de Primaria viaxaron ata Ponferrada para realizar varias actividades.

Pola mañá visitamos o Museo da Radio onde fixemos un programa de radio e observamos abraiados unha exposición de radios antigas. Despois vimos por fóra o Castrelo dos Templarios e xogamos no parque do Temple.

Pola tarde, fomos ao Museo do Ferrocarril onde vimos parte do ferrocarril que iba de Ponferrada a Villablino, que fai anos, era unha ruta moi importante na a procura de carbón, xa que o carbón recollíase na minas de Villablino e chegaban a través do ferrocarril para abastecer Ponferrada.

Para máis información sobre Ponferrada podedes clicar na imaxe inferior do Castrelo dos Templarios.



Aquí temos as mellores imaxes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario