martes, 12 de abril de 2011

As coplas aos profesores

E como non, na festividade do entroido no colexio tamén houbo tempo para unhas coplas moi especiais, as coplas adicadas aos profesores:

"Este ano os lardeiros
veñen moi abrigadiños
porque con tanto profe novato
cazadoras, parkas e chaquetas 
teñen de abondiño"

"O pemento, o perexil e o allo
deben estar ben baratos, 
porque a Luisa e Álvaro
bótanllo a todos os pratos"

"A profe Raquel do cole 
que é a orientadora
tuvo traballo con nós
 dende a primeira hora"

"Querido profe Alejandro,
pasamos a hora estirando e quentando 
e non te das conta
que do recreo entramos esgotados"

"As profes de Infantil, 
Carmen, Lucía, Elena e Inés
merecen un Oscar, 
porque os pequeniños
hai que ver como as montan"

"Por favor teacher María, 
vasnos ter que perdoar,
ímosche facer a pelota
para poder aprobar"

"O profe don Belisario
ao inferno vaise ir condear
por axudarlle aos profes
as cousas das mulleres roubar"

"A profe Maite de música
querémoslle preguntar,
se ten algún día pensado
ao festival de Eurovisión presentar"

"Os profes Jácome e Ana
deben estar reventados
de aturar aos de terceiro
que dicen que son como trasnos"

"O señor Ovidio,o conserxe,
a nenos e profes atura
intenta que melloremos
e non nos cobra factura"

"Alejandro sempre nos ven en chándal,
non debe ter vaqueiros,
aínda que dín as malas linguas
que os fines de semana en Ordes
veno pasear, moi ben acompañado
con traxe e sombreiro"

"Entre piscina e paseo,
a Loli vai acabar
cos pés no traseiro"

"A Loli de tanto facer deporte,
vai perder o pasaporte"



@s nen@s de 6º de Primaria

No hay comentarios:

Publicar un comentario