martes, 30 de noviembre de 2010

Móvete e xoga, é bo para as túas neuronas!

Do programa Redes, na 2 de TVE, rescatamos este documental de interesantísimo labor pedagóxico e informativo.

Ata agora sabiamos que, o exercicio físico e o deporte realizados dun xeito continuo e regular, tiña moitos beneficios no noso organismo como:  mellorar a condición física, prever enfermidades cardíacas ou sentirse mellor anímicamente.

Prestixiosos científicos como Fernando Gómez-Pinilla, poden demostrar na actualidade que ademáis dos beneficios anteriormente citados, o exercicio físico é tamén un escudo de protección do noso cerebro e un estimulador do aprendizaxe e a memoria.

Ou sexa que xa sabes, corre, brinca e xoga, é bo para o teu cerebro e as túas neuronas, eso sí, todo acompañado por unha dieta saudable.

Aquí abaixo podedes ver o documental enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario