viernes, 28 de enero de 2011

Día da Paz

Aquí vos deixamos as mellores imaxes do Día da Paz.
As actividades que realizamos foron un visionado da película "Up" e a canción da paz "corazón de cremalleira".
E lembrade que a paz se debe levar a cabo todos os días.


jueves, 20 de enero de 2011

A Revolución Educativa

Neste capítulo de Redes móstranos que, comparándonos co pasado, @s alumn@s de hoxe en día teñen outras condicións de vida. Sen embargo, para Robert Roeser, os programas educativos non se modificaron tanto e ademáis axúdanos a redefinir o papel do profesorado nestes tempos e nos vindeiros.


martes, 18 de enero de 2011

Aprendemos Educación Vial

@s nen@s do colexio foron ata o pavillón de Trives para realizar unhas actividades sobre a Educación Vial. O que máis lles gustou foron os karts pero tamén disfrutaron moito co circuito en bicicleta. Para mostra de elo, aquí tendes fotos d@s nen@s de 2º de Primaria.
Tamén dicir que, grazas a Xefatura de Tráfico, @s máis pequen@s disfrutaron dos contos, puzzles e diversos materiais relacionados, ao longo do periodo adicado a esta actividade e támén traballarán durante todo o curso.
Esta actividade foi organizada pola ANPA "O recreo".







viernes, 7 de enero de 2011

Festival de Nadal - Actuacións de 1º Ciclo

Continuamos agora, vendo un fragmento dos chistes de 1º de Primaria e a obra de teatro de 2º de Primaria que se titula "A maxia do Belén"