jueves, 25 de noviembre de 2010

APRENDEMOS A XOGAR CO JCLIC


Esta é unha ferramenta educativa multimedia coa cal podemos aprender xogando con moitas actividades en cada unha das nosas materias.

Este recurso podémolo empregar tendo Internet e sen ter que instalalo no noso ordenador, só debemos tocar co botón dereito do rato aquí:  "1 - Búsqueda de actividades"  ou debaixo desta imaxe inferior onde pon o mesmo texto, que nos levará ó enlace da web de Jclic para a búsqueda de actividades.






Unha vez alí, obteremos a páxina que observamos a continuación, onde debemos seleccionar aquela que queiramos realizar en función de:
A área (sinalado cun recadro en negro na nosa imaxe), o idioma (sinalado cun recadro vermello na nosa imaxe) e o nivel  (sinalado cun recadro azul na nosa imaxe).

Unha vez escollidos estes criterios dámoslle a buscar (sinalado cun recadro laranxa na nosa imaxe) e aparecerán varios resultados na parte inferior como sinalamos coa frecha verde.
Facede clic nas imaxes para amplialas.



2 - Selección da actividade













Cando xa escollimos a actividade, clicamos co botón esquerdo do rato sobre a mesma e vainos a aparecer un resumo da actividade e á dereita debemos clicar co botón esquerdo do rato na imaxe, tamén o podemos facer na parte inferior en verlo (applet). Isto quere dicir, que vamos a realizar esta actividade a través de Internet e sen instalar nada no noso ordenador.

Para facer o exemplo, nos escollemos "Os Músculos" e clicamos na imaxe superior dereita (rodeada en cor negro):

3 - Clicar na imaxe ou verlo (applet)

E agora só nos queda...XOGAR E APRENDER!!!



Agora que xa sabemos entrar, buscar e xogar co Jclic, nos vindeiros días detallaremos algunha actividade concreta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario